O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Concellaría de Cultura, dirixida por Mayte Argibay, vén de entregar os premios do concurso de postais Debuxa o Nadal. Un ano máis, na primeira quincena de decembro, celebrouse no concello este tradicional concurso, no que participaron moitos nenos e nenas dos distintos centros escolares de infantil e de primaria do Concello.
O 16 de decembro, reuníronse no Auditorio Constante Liste os membros do xurado, formado por Óscar Villan ( ilustrador e artista plástico ), David Orihuela ( artista plástico, e profesor de debuxo e artes plásticas ), e Ana Conde ( xornalista, editora e directora do Teovivo ), e despois dunha longa e difícil deliberación, xa que eran moitas as postais recibidas, seleccionaron as 20 postais premiadas.
Nesta ocasión, concedéronse varios accésits á Escola Infantil Municipal de Calo e á súa aula dos Cangrexos, á escola de Reis pola serie árbores de Nadal realizados coa técnica do puntillismo, e á escola de Casalonga pola serie de collage Xornais, ámbolos dous do CRA de Teo. Os premios restantes foron repartidos entre alumnos dos tres CEIPs de Teo.
E o día 18 de decembro, celebrouse un pequeno acto no Auditorio Constante Liste, no que o alcalde, Rafa Sisto, e a Concelleira de Educación e Cultura Mayte Argibay, entregaron aos premiados un agasallo como premio polo seu traballo.
Dende a Concellería de Cultura e Educación, "queremos agradecer a todos os nenos e nenas participantes no concurso de postais de Nadal, e animámosvos a todos a seguir participando nas vindeiras edicións" indica Argibay.
Podes consultar os nomes de todas as persoas premiadas premendo aquí e descargando a acta do xurado
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Acta XXI Concurso Nadal.pdf | 966.71 KB |