O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Deportes, dirixido por Ignacio Iglesias, oferta novas disciplinas nas escolas deportivas para adultos, concretamente Defensa persoal e Tai Chi.
Defensa persoal será os sábados de 12:30 a 14:00 horas no pavillón de Calo e Tai Chi os luns e xoves de 19:30 a 20:30 horas, tamén no pavillón de Calo. O custe será de 20 euros por trimestre.
As persoas interesadas poden presentar a ficha de inscrición na Sede electrónica ou no Rexistro do Concello ata o 14 de xaneiro. A ficha pode descargarse aquí o recoller nas oficinas municipais. En caso de que haxa máis solicitudes ca praza farase un sorte público xa que os grupos deben ser reducidos polas imposicións da covid-19. A previsión é que a actividade se faga dende o 18 de xaneiro ao 15 de xuño. Máis información en Deportes, no 881978433 ou no correo-e deportes@teo.gal
Dende esta área recuperouse o funcionamento das escolas deportivas nas últimas semanas xa que quedaran interrompidas a primeiros de novembro polas restricións impostas pola Xunta pola incidencia da covid-19. Moitas das disciplinas, tanto de nenos/as coma de adultas tiveron que adaptarse con limitación de grupos ou alternancia de clases pero dende Deportes apóstase por tentar manter o funcionamento e a presencialidade da actividade sempre que se poida e atendendo a todas as medidas de seguridade.
Descarga aquí a ficha de inscrición para os novos cursos.
O Concello resérvase o dereito a modificar ou suspender estas actividades en función da evolución da crise sanitaria.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Folla inscrición DEPORTES 2020-2021 Taichi e defensa persoal.pdf | 1.07 MB |