O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

BAÑO DE BOSQUE NA DEVESA DE AGROMAIOR

Data e hora

Localización
Punto de encontro: Aparcadoiro Municipal de Pontevea
Como chegar

Prazas dispoñibles
30
Inscribirse

Prazas por persoa
2

Na natureza todo ten o seu propio ritmo… e só cando nos detemos somos quen de percibilo.

Os baños de bosque, son unha práctica de orixe xaponesa que invita a baixar o ritmo, espertar os sentidos e reconectar co presente. A través dunha serie de pequenas propostas guiadas, vivirás unha experiencia sensorial que che permitirá conectar co entorno natural dunha forma diferente e consciente.

Esta actividade non consiste en camiñar rápido nin en facer exercicio físico, senón en parar, observar, escoitar e sentir. Unha oportunidade para descubrir novas formas de gozar da natureza, que favorecen a relaxación e melloran o estado de ánimo: ao mesmo tempo que se comparte un espazo de calma e benestar en grupo.

A duración da actividade será de 2 horas. Un autobús trasladará ás persoas participantes dende o punto de encontro ata a Devesa de Agromaior e de regreso ao finalizar a sesión.

Convidámoste a participar nunha sesión de baño de bosque nun dos espazos naturais máis fermosos do noso concello: a Devesa de Agromaior.
Anímate a experimentar os beneficios da conexión consciente coa natureza.

Conduce: Guía certificada de Baños de bosque

Observacións
Suxírese traer unha esterilla ou toalla de campo para poder sentarse ou deitarse con comodidade durante a experiencia
Recoméndase levar calzado e roupa cómoda axeitada para camiñar
Suxírese levar auga e un pequeno petisco para nutrir o corpo ao finalizar a experiencia no bosque
- Actividade suxeita ás condicións meteorolóxicas.
- DESEXOS DE PASALO BEN!!!
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
Baño de Bosque

Outros eventos por vir