O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, entregou esta mañá os diplomas do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil. Desta forma, dáse por rematada a dita formación, que beneficiou a dez persoas do municipio.
Neste senso, a alcaldesa agradeceulle aos asistentes a súa participación e salientou a importancia de seguir ampliando coñecementos independentemente da idade. De feito, hai un segundo curso de perfeccionamento, co fin de ampliar os coñecementos básicos adquiridos na formación recén rematada.
Estos cursos de internet están dirixidos a persoas maiores de 60 anos que están empadroadas no Concello e que pretenden adquirir coñecementos informáticos básicos, para así poder manexar o ordenador e o teléfono móbil. O período de inscrición para este tipo de formación está aberto de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.