O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Actividade guiada pola artista Elsa Bouzas, que convida a descubrir o territorio a través dunha experiencia creativa baseada na observación sensorial e o debuxo experimental ao aire libre.
Este obradoiro está pensado como unha proposta aberta e accesible para todas as persoas que desexen achegarse á paisaxe dende unha mirada artística. Ao longo dunha camiñada tranquila por algúns tramos da ruta Per Camiño de Lampai, desenvolveremos unha deriva colectiva na que o valor reside no propio proceso: observar, sentir, conectar e expresar.
Durante o percorrido, faremos paradas en puntos significativos da paisaxe para realizar pequenas prácticas de debuxo. A través de exercicios sinxelos, exploraremos novas formas de mirar, atendendo á luz, ás texturas, ás formas naturais e a eses detalles que adoitan pasar desapercibidos. Traballaremos con apuntes rápidos, xestos espontáneos, marcas gráficas e rexistros persoais, deixando de lado a procura de resultados perfectos para dar paso á creatividade e á liberdade expresiva.
A actividade ten un nivel de dificultade baixo e está pensada para persoas sen experiencia previa, nun ambiente relaxado e participativo no que cada quen poderá atopar o seu propio xeito de relacionarse coa contorna.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| Esquema.pdf | 926.69 KB |