O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello convoca unha bolsa de emprego para a cobertura de baixas ou vacantes no Servizo Municipal de Emerxencias. As bases publicáronse no BOP do 22 de decembro e pódense consultar na web municipal teo.gal no apartado de Emprego público.
O prazo para presentar as solicitudes para participar neste proceso selectivo abrirase unha vez que se publique o anuncio no DOG, publicación prevista para o 15 de xaneiro de 2021. Dende o día seguinte a esa data abrirase o prazo de dez días hábiles para presentar a instancia e participar no proceso.
AVISO IMPORTANTE: As solicitudes que se presenten antes da publicación do anuncio no DOG non se admitirán por estar rexistradas fóra de prazo.
Nas bases pódense consultar os requisitos para participar, como se desenvolverá o proceso así coma o anexo co temario para o exercicio da fase de oposición.
Consulta aquí as bases completas desta convocatoria.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
basesbolsa_servizoemerxencias.pdf | 152.55 KB |