O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello licita o contrato para o acondicionado do viario municipal entre San Domingo e Luou

| compartir:

O Concello licita o contrato de afirmado e acondicionamento do viario municipal entre San Domingo e Luou, incluído nas obras do POS+ Adicional 2025 que financia a Deputación da Coruña. Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 26 de maio. 

Dado o actual deterioro da vía obxecto deste proxecto, debido á antigüidade do último pavimento realizado, das inclemencias meteorolóxicas e do desgaste ocasionado polo tráfico de vehículos diario, cómpre arranxar a calzada para asegurar unha correcta circulación e seguridade viaria nese tramo. 

Así, procederase á limpeza de gabias e á mellora da capa de rodaxe, mediante o reasfaltado da calzada con aglomerado, previa reparación de baches e perfilado de mordentes. En total, arranxarase un tramos que comprende unha lonxitude duns 1.870 metros con anchuras variables, cunha superficie total a aglomerar de 10.939 metros cadrados. Tamén se levará a cabo o recrecido de 29 tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal con pintado de liñas en bordos. 


 

FOTO