O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Promoción económica e Turismo vén de realizar o sorteo público de 50 vales de 100 euros para gastar no comercio local, dentro da campaña Tamén no Nadal coidamos do local. O sorteo fíxose o 13 de xaneiro no salón de plenos e publícase a listaxe de persoas premiadas que podes consultar aquí.
Partipaban no sorteo as persoas que fixeran un gasto de 50 euros nalgún dos establecementos adheridos e o tiveran entregado xunto cos seus datos nalgunha das caixas da campaña. Máis de 100 empresas entre comercio, mercado do alimento labrego ou artesanía participaron este ano nesta campaña.
O importe dos premios pódese gastar ata o 13 de febreiro. As persoas agraciadas teñen un mes para consumir nalgún ou en varios dos locais integrados na campaña. No directorio de establecementos participantes podemos atopar tendas de alimentación, de produtos do fogar, boutiques, clínicas, florarías, estancos e lotarías, fotografía, libraría-papelería, mercerías, ópticas, peiteado e estética, servizos do fogar, ximnasios e xardinería e produtos agrícolas.
María López, concelleira de Promoción Económica, explica que "deste xeito premiamos o consumo militante da xente que mercou no comercio local e ao mesmo tempo estes cartos volven a estes establecementos que lle dan vida ao Concello".
Podes consultar aquí a listaxe das persoas premiadas cun dos 50 vales de 100 euros.
Podes ver aquí o vídeo do sorteo público.
Podes ver aquí as bases da Campaña Tamén no Nadal coidamos do local.
Consulta aquí o directorio de establecementos participantes na campaña.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
LISTAXE PREMIADOS.pdf | 44.29 KB |
Establecementos adheridos Comercio Teo Nadal 2020_0_0.pdf | 897.98 KB |
Bases Comercio Teo Nadal 2020_web(1).pdf | 595.69 KB |