O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Presentación do Goza do Ulla 2026

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, participou esta mañá na presentación do programa Goza do Ulla 2026, que tivo lugar no Couto de Ximonde en Vedra. 

Este programa acolle un total de 19 rutas que percorrerán os 20 concellos bañados polo Ulla, unha delas é compartida entre 2 concellos. As rutas comezarán o 30 de maio en Boqueixón e rematarán o 24 de outubro en Santiso. A que transcorre por Teo será o vindeiro 6 de setembro. 

Trátase dunha iniciativa de dinamización turística, cultural e económica arredor do río Ulla, que promove os recursos naturais, patrimoniais e gastronómicos dos concellos da súa contorna. Busca conectar territorio, identidade local e desenvolvemento sostible mediante actividades, rutas, eventos e colaboración entre entidades. O seu potencial está en converter o Ulla nun eixo de atracción turística de referencia en Galicia, xerando oportunidades para o comercio local, o turismo activo e a valorización do patrimonio. Ademais, favorece a cooperación intermunicipal e contribúe a fixar poboación e crear actividade económica no rural. 

Estas rutas prográmanse en 20 concellos polos que transcorre o Ulla dende o seu nacemento en Antas de Ulla, ata a súa desembocadura na ría de Arousa tras percorrer sobre 130 km. Concellos das provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Santiso, Agolada, Arzúa, Vila de Cruces, Touro, Boqueixón, Silleda, A Estrada, Vedra, Teo, Padrón, Pontecesures, Dodro, Valga, Catoira, Rianxo e Vilagarcía de Arousa.


 

foto