O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As novas restricións impostas pola Xunta pola mala evolución da covid-19 obrigan dende hoxe ata o 17 de febreiro a manter pechadas instalacións municipais como as bibliotecas, os pavillóns e a piscina.
Podes consultar aquí a orde do 26 de xaneiro pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Consulta aquí o decreto polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
Teo queda, coma todos os Concellos de Galicia, no nivel extrema de restricións que busca limitar a actividade non esencial e a interacción social.
O Concello mantén o peche perimetral non podendo saír de Teo mais que para as actividades permitidas (traballo, escolares ou sanitarias por exemplo).
Suspéndese toda a actividade cultural e deportiva que no caso de Teo se centra no peche das bibliotecas dos Tilos e Cacheiras, o Auditorio municipal que non terá programación nas vindeiras semanas, a aula de informática, os pavillóns e a piscina municipal.
A hostalaría estará pechada e só se permite o servizo de recollida ou a domicilio. Podes consultar aquí o directorio de establecementos con este servizo.
O comercio non esencial debe pechar ás 18:00 horas e só poderán abrir ata as 21:30 horas as actividades consideredas esenciais.
O toque de queda segue fixado de 22:00 a 06:00 horas.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Directorio hostalaria.jpg | 765.18 KB |