O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este sábado teremos a clausura do Obradoiro de Teatro do Concello de Teo, coa estrea de dúas obras:
"MALA XENTE". Coa inestimable presentación da Douctora Frankenstein e da súa criatura, presenciaremos unha comedia conformada por dúas historias breves baseadas na maldade humana.
"A COLA". Unha cola interminable de cidadáns lamacentas arrastrando as súas penurias,unha funcionaria despiedada, moito humor e moita mala baba.....como a vida mesma.
Dúas obras con moito humor e cuns actores e actrices de luxo!
Animádevos a presenciar un espectáculo de infarto, onde poderedes comprobar o gran talento dos alumnos e alumnas do obradoiro municipal.
Entrada de balde ata completar a capacidade.