O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Educar en familia: hábitos de saúde

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal da Ramallosa

Inscrición pechada

Prazas por persoa
5

Dentro do programa Educar en Familia, o Concello programa unha nova charla sobre como crear hábitos de saúde desde a infancia para o vindeiro mércores, 10 de maio.

Nesta charla abordarase a importancia do entorno familiar para crear hábitos saudables na vida dos máis pequenos, pois o comportamento dos pais é o espello para os cativos, baseado en varios pilares interconectados que melloran o día a día con cambios sostibles.

Así, analizarase o movemento e nutrición real, priorizando o movemento diario e a comida real sobre o sedentarismo e os ultraprocesados; a importancia do soño, con rutinas de descanso e horarios regulares; a desconexión dixital, mediante un uso consciente e limitado no tempo; así como a xestión emocional e o estrés, priorizando tempos de calidade en familia. 

Pequenos cambios que conseguen grandes resultados, pois non se trata de adquirir a perfección, senón de accións sostidas no tempo. 

 

A charla será o mércores, 10 de xuño, ás 18.30 horas no auditorio municipal da Ramallosa. Para poder participar deberán inscribirse no correo: educarenfamiliaconcellos@gmail.com

 

cartel

Outros eventos por vir