O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O MAESTRO QUE ANDABA NAS PEDRAS

Data e hora

Localización
Capela dos Milagres e dos Desemparados, Cornide, Calo
Como chegar

Prazas dispoñibles
28
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Que historias agochan os petróglifos? Que levou ás persoas que habitaron estas terras hai milleiros de anos a gravar círculos, coviñas e figuras sobre a pedra? Nesta proposta, a arqueoloxía convértese nun relato vivo e próximo, onde a imaxinación, a interpretación e a emoción acompañan ao coñecemento.

Os participantes emprenderán unha viaxe singular ao mundo dos petróglifos da man do guía - actor Suso Martínez, que encarnará un personaxe inspirado no arqueólogo Ramón Sobrino, pioneiro no estudo da arte rupestre no concello de Teo. Máis que unha visita convencional, será un encontro cun home apaixonado polas pedras gravadas, polos enigmas que gardan e polas preguntas que aínda hoxe continúan abertas.

Nesta ocasión, o protagonismo non recaerá tanto na descrición arqueolóxica dos xacementos como na reflexión arredor do seu significado. Que pretendían comunicar aqueles gravados? Eran símbolos relixiosos, mapas, marcas territoriais, expresións artísticas ou formas de relación coa paisaxe? A través dunha narración teatralizada, o público será convidado a observar, interpretar e formular as súas propias hipóteses.

O percorrido permitirá visitar os petróglifos de Río Angueira e do Outeiro do Corno, dous dos conxuntos máis destacados da arte rupestre local, integrados nunha paisaxe que axuda a comprender mellor a súa razón de ser e a estreita relación entre as comunidades prehistóricas e o territorio.

Unha ruta diferente para descubrir que as pedras non só conservan gravados: tamén gardan historias, preguntas e emocións que seguen falándonos miles de anos despois.

Observacións
Recoméndase levar calzado e roupa cómoda axeitada para camiñar.
- Actividade suxeita ás condicións meteorolóxicas.
- DESEXOS DE PASALO BEN!!!
INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
SM

Outros eventos por vir