O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Adif somete a información pública o Proxecto de protección acústica do Eixe Atlántico de alta velocidade. Tramo: Padrón-A Coruña

| compartir:

Adif publica o anuncio polo que se somete a información pública, a efectos de declarar a necesidade de ocupación, o "Proxecto de protección acústica do Eixe Atlántico de Alta Velocidade no tramo: Padrón-A Coruña". O período de exposición pública e alegacións remata o 4 de marzo de 2021. Este prazo ábrese, segundo indica Adif, para que calquera persoa poida aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación que se publica no anuncio ou oporse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación. 

A documentación relacionada con este expediente pódese consultar na Subdelegación del Gobierno en la provincia de A Coruña (Avenida de la Marina, 23, 15001 – A Coruña), nas oficinas de Urbanismo do Concello de Teo ou na web do Adif

Dende o Concello atenderanse as solicitudes de información na oficina de Urbanismo. Para concertar cita previa hai que chamar ao seguinte teléfono: 981815700.

Podes ver aquí o listado de propietarios afectados do Concello de Teo. 

Podes descargar premendo aquí o "Proxecto de protección acústica do Eixe Atlántico de Alta Velocidade no tramo: Padrón-A Coruña".

As alegacións que se formulen deben dirixirse á Dirección de Proyectos de Alta Velocidad y Estaciones , (C/ Titán, 4 y 6 – C.P 28045 Madrid), indicando como referencia “Información pública de la declaración de la necesidad de ocupación del Proyecto de protección acústica del Eje Atlántico de Alta Velocidad. Tramo: Padrón - A Coruña”.

Para a presentación das alegacións, poderase facer uso do Rexistro Electrónico Xeral da Administración Xeral do Estado a través do seguinte enderezo: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

 

adif

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Anuncio IP BOE.pdf 876.18 KB
listadopropietarios_Teo.pdf 3.11 MB