O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Concerto de Mondra

Data e hora

Localización
Explanada Casa Común de Oza

O vindeiro sábado, 27 de xuño, o cantante teense Mondra actuará de balde na explanada da Casa Común de Oza, presentando o seu segundo álbum "De Ronda". 

Esta cita musical celebrarase con motivo dos actos programados polo Concello polo Día Internacional do Orgullo LGBT, que se conmemora cada 28 de xuño. 

Martín Mondragón, coñecido artisticamente como Mondra, debutou en 2023 co seu primeiro álbum debut “Arden”, co que obtivo o Premio Martín Códax ao Mellor Álbum de Electrónica 2024 e o Premio Mestre Mateo ao Mellor Videoclip 2025 por “Marimondra”. En maio de 2025 lanzou o seu segundo traballo, De Ronda, que combina voces, sintetizadores e percusión tradicional nunha posta en escena visual e sofisticada. 


 

cartel

Outros eventos por vir