O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Como cada 15 de xuño, o Concello abre as piscinas descubertas municipais dos Tilos e Luou, para a tempada de verán e ata o 15 de setembro. Unhas instalacións listas para ser desfrutadas pola veciñanza logo de proceder ao correspondente mantemento.
Así, para obter o carné de abonado/a das piscinas municipais descubertas deberán entregarse, nas oficinas administrativas da piscina municipal cuberta da Ramallosa, os datos identificativos da persoa, certificado de empadroamento (solicitado nalgúns casos), e os datos da situación familiar ou dos Servizos Sociais, se fosen precisos.
Terán preferencia os veciños e veciñas empadroados no municipio de Teo e terán ata o 31 de xullo para presentar a correspondente documentación. As persoas que non estean censadas en Teo poderán achegarse á piscina cuberta da Ramallosa e solicitar información sobre as ofertas/abonos dispoñibles.
Horarios das tres piscinas municipais:
Piscinas descubertas:
Os Tilos: todos os días de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h.
Luou: de luns a venres, de 16.00 a 21.00 h. Os sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 14.00h e de 16.00 a 21.00 h.
Piscina cuberta da Ramallosa (xullo e agosto):
De luns a venres de 7.30 a 14.00 e de 18.00 a 23.00 horas.
Os sábados de 10:00 a 14:30 horas.
Os domingos de 11:00 a 14:00 horas.
Tarifas e abonos:
- Persoas non abonadas: cada entrada, por día e persoa: 2,5 euros
- Persoas abonadas:
Cota única por abono de verán xove (12-24 anos): 14 euros
DOCUMENTACIÓN: DNI e certificado de empadroamento
Cota única por abono de verán adulto (25-64 anos): 17 euros
DOCUMENTACIÓN: DNI e certificado de empadroamento
Cota única por abono de verán familiar: 27 euros
DOCUMENTACIÓN: DNI + Libro de Familia + certificado de convivencia + matrícula de estudos en vigor ou tarxeta de demandante de emprego.
NOTA: Considérase como unidade familiar a formada pola parella ou polos proxenitores e os fillos e fillas menores de 18 anos. No abono de verán familiar poderán integrarse os fillos e fillas comprendidos entre os 18 e 25 anos, que convivan no domicilio familiar e se atopen realizando estudos oficiais ou en situación de paro, mediante unha cota de 8 € que se sumará ao custo do abono familiar.
Persoas exentas de pagamento
As persoas que posúan abono da piscina municipal cuberta de Teo en calquera das súas modalidades.
As familias que presenten a tarxeta do paro de todos os seus membros deben pasar pola instalación igualmente, para obter o seu carné de usuario/a. DOCUMENTACIÓN: DNI + certificado de empadroamento no Concello de Teo + tarxeta de demanda de emprego en vigor.
As persoas maiores de 65 anos (a 1 de xuño de cada tempada), presentando o DNI e o certificado de empadroamento. Deben pasar pola instalación igualmente, para obter o seu carné de usuario/a.
As persoas menores de 5 anos (a 1 de xuño de cada tempada), presentando o Libro de Familia e o certificado de empadroamento. Deben pasar pola instalación igualmente, para obter o seu carné de usuario/a.
Aquelas persoas que teñan a condición de pensionistas ou aquelas cuns ingresos familiares que non superen 1,5 veces o IPREM. Neste suposto, xustificarán a súa condición diante do departamento de Servizos Sociais do Concello de Teo, quen emitirá un informe.
As persoas abonadas de verán poderán acceder ás instalacións da piscina cuberta da Ramallosa (só á zona de piscina) os días que, estando en período de funcionamento as piscinas descubertas, estas non se poidan utilizar por inclemencias meteorolóxicas. Esta incidencia será indicada mediante aviso na entrada das instalacións descubertas.
A Deputación da Coruña subvenciona as tres prazas de socorristas nas piscinas descubertas.
