O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Desde Navarra e coa ollada posta nas paisaxes e nas voces máis enxebres de Euskal Herria, Amaia Elizagoien trae a Atlántica Contos do Norte, unha proposta que adapta segundo a idade do público que a escoita e na que reivindica a palabra como lugar de encontro e de imaxinación.
Narradora oral desde 2015, Amaia entende o conto como unha forma de poñer no centro a escoita, a palabra e a capacidade de abraiarse. Herdeira dunha rica tradición oral, gústalle coidar as fórmulas que abren e pechan os contos, eses pequenos rituais que permiten a quen escoita recoñecer o territorio da ficción e participar del.
En Contos do Norte, os ventos atlánticos traen historias nacidas entre montañas e vales, contos nos que a natureza, os animais e os seres marabillosos dialogan cunha sensibilidade contemporánea. Unha invitación a viaxar cara ao norte para descubrir que, malia as distancias, as historias sempre atopan o xeito de recoñecerse e darse a man.
Público familiar.
Data: xoves 2 de xullo
Hora: 12:00h
Lugar: CEIP da Ramallosa
Destinado á rapazada do campamento municipal e a público familiar en xeral