O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Retratos en branco e negro imaxina un universo ateigado de grises: contos entre o real e o extraordinario, entre o vivido e o soñado, entre o cómico e o dramático, nos que latexa a tradición oral.
Charo Pita naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Desde ese día a súa idade foise adaptando ata facela sentir contemporánea de todo o mundo. Comezou a narrar historias no ano 1994 e viaxou con elas polo mundo: Alemaña, Polonia, Italia, Nicaragua, Galicia, España... O seu traballo abrangue diversas áreas do fabuloso, conta tanto para a rapazada como para a xente adulta. Unha das súas facetas máis persoais é a de mesturar contos e música.
Público adulto
Data: xoves 2 de xullo
Hora: 21:00h
Lugar: Antiga escola de nenas de Agoso
Acceso libre