O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de recibir o auto da Audiencia Provincial da Coruña sobre a apelación de Toca Salgado pola denuncia por prevaricación que o Xulgado de Instrucción nº 1 de Santiago tiña arquivado no mes de xaneiro. Aquel auto do Xulgado de Santiago tiña prazo de recurso e neste momento infórmase ás partes de que a Audiencia Provincial estima o recurso de apelación interposto pola representación de Toysal e déixase sen efecto o sobreemento acordado.
Deste xeito devólvense as actuacións orixinais ao Xulgado de procedencia.
Consulta aquí o auto da audiencia provincial.
Toysal denunciou ao alcalde de Teo, Rafael Sisto, á concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus e ao arquitecto municipal polos presuntos delitos de falsidade documental, prevaricación, malversación de fondos públicos e coaccións en relación á actuación do Concello sobre a custodia e mantemento do camiño público que cruza o espazo da concesión mineira Casalonga 6996. Dende o Concello atenderase dilixentemente calquera indicación ou requerimento do Xulgado sobre este asunto.
Dende o Concello mantense o pleno convencemento da titularidade pública do viario.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
autoaudiencia_toysal.PDF | 211.47 KB |