O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Desde o inicio do curso escolar, o Foro de participación infantil e adolescente (FoPIA) do concello de Teo colabora co grupo SEPA da USC no proxecto de investigación CON-LecerTeo. O proxecto pretende investigar as iniciativas nas que participa a infancia e adolescencia escolarizada no seu tempo libre, valorando a súa consideración como ocio e o impacto que teñen no seu desenvolvemento integral.
Partindo dunha metodoloxía participactiva, a rapazada está sendo protagonista en todas as fases do proceso de investigación. Comezaron no mes de xaneiro cunha formación inicial do grupo en temas de técnicas de investigación, e no mes de febreiro participaron na construción do cuestionario que nas últimas semanas están pasando nas aulas ao alumnado desde 6º de Primaria a 4º ESO dos seus centros educativos. Nos últimos días tamén se pasaron estes cuestionario no IES Cacheiras.
Durante estas semanas que quedan de maio toca analizar e interpretar os datos, que serán presentados na sesión ordinaria do Consello Local de Infancia e Adolescencia que terá lugar o 26 de xuño.
Este proxecto pretende identificar as iniciativas nas que participa a rapazada no seu tempo libre, valorando a súa consideración como ocio e o impacto que teñen no seu desenvolvemento. Tamén terá interese coñecer os servizos socioeducativos e recursos comunitarios que existen no territorio destinados á infancia, vendo cales son os puntos fortes e débiles, a utilización dos mesmos e os motivos da súa elección.
Un dos aspectos máis destacables é que os/as participantes no FoPIA foron axentes investigadores, participando de xeito activo tanto no deseño como no desenvolvemento da iniciativa e en xuño poderemos coñecer as súas conclusións.