O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Teo participa no programa Goza do Ulla 2026 coa estrea da PR-G 280 Ribeira do Ulla Teense, un sendeiro recentemente homologado que percorre a paisaxe fluvial do municipio.
A experiencia permitirá descubrir o trazado lineal da ruta, desde Agromaior ata a Área Recreativa do Xirimbao. Ao longo do percorrido achegarémonos aos valores naturais, paisaxísticos e patrimoniais da ribeira teense do Ulla, pasando pola Devesa de Mallos, Ponte da Dorna, a Burga de Xermeade, Pontevea, a desembocadura dos ríos Pereiro e Santa Lucía, a pasarela Mariola e o coto de pesca sen morte de Couso, no Xirimbao.
Nesta actividade realizarase exclusivamente o trazado principal, sen incluír as variantes dos Petróglifos e das Pesqueiras. Debido ás obras do viaduto da AG-59 sobre o Ulla, seguirase o desvío temporal habilitado, polo que o percorrido terá unha extensión aproximada de 10 km.
As persoas participantes deixarán os seus vehículos na Área Recreativa do Xirimbao, punto de encontro e remate da actividade. Desde alí, un autobús trasladará o grupo ata Agromaior, onde comezará a andaina.
Percorrido: lineal, de aproximadamente 10 km
Duración: 4 horas e 30 minutos
Dificultade: media
Punto de encontro: Área Recreativa do Xirimbao
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| GOZA DO ULLA FICHA A3.pdf | 522 KB |