O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Xornada de cestería da Rede Galega de Oficios Vivos

Data e hora

Localización
Casa Común de Oza, no lugar de Ribas, na parroquia de Sta María de Oza, Teo
Como chegar

Inscrición pechada

Prazas por persoa
1

O sábado 12 de setembro celebrarase en Teo unha nova xornada do Programa de Voluntariado Interxeracional «Rede Galega de Oficios Vivos», unha iniciativa gratuíta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia destinada á recuperación e transmisión dos oficios tradicionais e á posta en valor do seu potencial como oportunidade de emprego e autoemprego.

Nesta ocasión, as persoas participantes achegaranse ao oficio tradicional da cestería da man da artesá Belén Leiro. Durante a mañá coñecerán a súa traxectoria profesional e realizarán unha aproximación á historia e á situación actual da cestería tradicional galega. Tamén descubrirán diferentes pezas, materiais e proxectos do seu obradoiro, así como as posibilidades que ofrece actualmente a artesanía para o desenvolvemento profesional.

Pola tarde presentaranse os materiais e as ferramentas básicas deste oficio, realizarase unha demostración práctica dalgunhas técnicas e as persoas participantes poderán experimentar directamente cos materiais. A xornada rematará cun espazo de reflexión e intercambio sobre a experiencia.

A actividade terá un carácter participativo e interxeracional, combinando explicacións, demostracións e práctica directa. A proposta busca poñer en valor o respecto polos materiais, a dedicación, a creatividade e a innovación como vías para manter vivos os oficios tradicionais e proxectalos cara ao futuro.

As xornadas están dirixidas principalmente a persoas maiores de 55 anos e a mozas e mozos de entre 16 e 35 anos, aínda que tamén poderán participar persoas de ata 54 anos. Haberá un máximo de 16 participantes, que se organizarán en parellas para favorecer o intercambio de coñecementos entre xeracións.

A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas.

Observacións
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na web de Voluntariado Galego: https://voluntariadogalego.org/plans-e-programas/plan/programa-de-voluntariado-interxeracional-rede-galega-de-oficios-vivos
Cestería en Teo
Información PDF
Adjunto Tamaño
Xornada Teo 12 setembro.pdf 258.53 KB

Outros eventos por vir