O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

AS CORES DO ROMÁNICO. Obradoiro de pintura con temple ao ovo

Data e hora

Localización
Igrexa de San Miguel de Rarís
Como chegar

Prazas dispoñibles
28
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Recreando as técnicas dos pintores románicos

A igrexa de San Miguel de Rarís converterase nun espazo de inspiración e creación para descubrir unha das técnicas pictóricas máis antigas: o temple ao ovo.

Da man de Elsa Bouzas, da escola de pintura Arrebol, coñeceremos como os artistas románicos empregaban a xema de ovo como aglutinante para mesturar os pigmentos e conseguir cores intensas e resistentes ao paso do tempo. 

Achegarémonos aos materiais que utilizaban, ao proceso de preparación das mesturas e ás características visuais desta técnica.

Na parte práctica do obradoiro, cada participante experimentará co temple ao ovo e elaborará a súa propia composición inspirada na pintura románica, empregando cores planas, contornos definidos e formas simbólicas características desta arte.

Unha experiencia para observar, aprender e crear, conectando co patrimonio románico de Teo a través da pintura.

Dirixida a: Todos os públicos 

Duración: 2 horas e 30 minutos

Imparte: Elsa Bouzas, da Escola de pintura Arrebol

 

Observacións
Recoméndase levar roupa cómoda que se poida manchar. Todo o material necesario está incluído e cada participante elaborará a súa propia peza.
A actividade é accesible para persoas con mobilidade reducida. As persoas menores deberán participar acompañadas dunha persoa adulta.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A RESERVA
As actividades son de balde, pero teñen prazas limitadas e requiren inscrición previa.
Reservar praza implica un compromiso de asistencia. Se finalmente non podes acudir, é imprescindible avisar con antelación escribindo a turismo@teo.gal ou ao número de whatsApp de TeoTurismo +34 698 18 68 91
⚠️ A cancelación debe realizarse exclusivamente neste enderezo e/ou no número móbil corporativo facilitado
Non se tramitarán cancelacións enviadas ao correo automático de confirmación (nonresponder@teo.gal).
As persoas que non comuniquen a súa ausencia:
📌 Na primeira ocasión, pasarán á listaxe de agarda nas seguintes actividades.
📌 Nunha segunda ocasión, non poderán formalizar novas inscricións.
Agradecemos a responsabilidade e colaboración de todas as persoas participantes para garantir un acceso xusto ás experiencias.
Inscribirse
AS CORES DO ROMANICO

Outros eventos por vir