O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

XXV Concurso Morfolóxico Cabalar do Concello de Teo

Data e hora

Localización
Explanada da Casa Común de Oza, en Ribas (Oza, Teo)
Como chegar

O domingo 30 de agosto, Ribas, na parroquia de Oza, converterase no punto de encontro para as persoas amantes do mundo do cabalo coa celebración do XXV Concurso Morfolóxico Cabalar do Concello de Teo.

Esta edición tan especial reunirá competicións morfolóxicas, exhibicións ecuestres e propostas para todos os públicos. A celebración completarase cun amplo programa infantil gratuíto, a presenza da XVI Concentración Ferrari Galicia e, como peche, o espectáculo de Duende Ecuestre, protagonizado por Alberto Borjas, campión do SICAB 2025.

A entrada será libre e todas as actividades destinadas ao público serán gratuítas.

Programa do Concurso Morfolóxico Cabalar

Horarios das probas

  • 08.30 h: apertura das inscricións. As persoas propietarias dos animais deberán entregar á organización a carta de orixe no momento de formalizar a inscrición.
  • 10.00 h: poldras indefinidas de 1 e 2 anos.
  • 10.00 h: poldros indefinidos de 1 e 2 anos.
  • 10.30 h: eguas indefinidas de 3 anos en diante.
  • 10.30 h: cabalos indefinidos de 3 anos en diante.
  • 11.00 h: poldras PRE de 1 e 2 anos.
  • 11.00 h: poldros PRE de 1 e 2 anos.
  • 11.30 h: exhibición de ponis.
  • 12.00 h: poldras e poldros percheróns de 1 e 2 anos.
  • 12.30 h: eguas percheróns de 3 anos en diante.
  • 12.30 h: cabalos percheróns de 3 anos en diante.
  • 13.00 h: poldras PRE de 3 e 4 anos.
  • 16.30 h: poldros PRE de 3 e 4 anos.
  • 17.00 h: eguas PRE de 5 anos en diante.
  • 17.00 h: cabalos PRE de 5 anos en diante.
  • 17.30 h: mellores movementos de femias e machos PRE.
  • 18.00 h: exhibición de arrastre.
  • 19.00 h: espectáculo de Duende Ecuestre, con Alberto Borjas, campión do SICAB 2025.

A XVI Concentración Ferrari Galicia visita o concurso

Nesta vixésimo quinta edición, o Concurso Morfolóxico Cabalar acollerá tamén a XVI Concentración Ferrari Galicia, incorporada ao programa da xornada.

Os vehículos participantes permanecerán expostos no recinto, ofrecendo ao público unha oportunidade excepcional para contemplalos de preto:

  • De 12.00 a 14.00 h.
  • De 16.00 a 18.00 h.

Programa infantil gratuíto

De 17.00 a 21.00 h:

  • Granizados de balde.
  • Obradoiro de chapas do cabalo.
  • Xogos con material de refugallo.

De 18.00 a 21.00 h:

  • Parque de xogos inchables.

Ás 20.00 h:

  • Festa da escuma.

 

Observacións
Información práctica

Apertura das inscricións para os animais participantes: 08.30 h.
Inicio do concurso e apertura ao público: 10.00 h.

Entrada: libre.

Actividades para o público: gratuítas.

Organiza o Concello de Teo, coa colaboración de Amigos do Cabalo de Teo.
CONCURSO
Información PDF
Adjunto Tamaño
Espectáculo Duende Ecuestre.pdf 3.43 MB

Outros eventos por vir