O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este mércores 26 de maio nunha sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.
Na sesión debaterase a aprobación do PACES, o Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable. Trátase dun documento que o Concello debe aprobar ao formar parte da iniciativa europea coñecidada como "Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía" que busca traballar en medidas contra o cambio climático. No PACES, que se presenta ao pleno, concrétanse algunhas das actuacións que se consideran prioritarias, pero non deixa de ser un documento aberto que debe irse adaptando ás circunstancias e requirimentos que a política ambiental demanden. No citado plan preséntase un obxectivo de reducir o 40% as emisións para o 2030 en relación coas emisións do ano 2015, considerado como ano de referencia.
Tamén se votarán as mocións do BNG sobre as peaxes das autovías galegas e sobre a defensa dun modelo de enerxía sustentable.
A orde do día ten os seguintes puntos: