O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Mocidade e Deportes presentan a oferta lúdica para o verán

| compartir:

As áreas de Mocidade, Deportes e Benestar presentan a súa oferta de ocio e conciliación para os meses de verán. Este ano vólvese a realizar o programa de conciliación Diverteo, para nenos/as de 3 a 12 anos, e os campamentos de verán fóra do Concello, actividades habituais. Dende Mocidade ofertan no mes de xullo campamentos rurais para mozos/as nados entre o 2010 e o 2004 que se farán en Teo e dende Deportes queren facer unha oferta das escolas deportivas que viron interrumpida a súa actividade durante o curso por mor da crise sanitaria. 

Campamentos de verán

Ata o 4 de xuño está aberta a inscrición para os campamentos infantil e xuvenil que se farán en agosto en Santa Cruz de Oleiros. O campamento infantil celebrarase do 12 ao 20 de agosto e está dirixido a persoas nadas entre o 2009 e o 2014 empadroadas en Teo. O número de prazas dispoñibles son 103 e 5 de emerxencia social. O campemento xuvenil farase do 3 ao 11 de agosto para persoas nadas entre o 2004 e o 2008 empadroadas en Teo e ten 60 prazas e 5 de emerxencia. Os campamentos teñen unha cota de 90 euros. 

As persoas interesadas nesta actividade deben entregar a ficha de inscrición, debidamente cuberta e cunha foto tamaño carné, no rexistro xeral do Concello (para o que non é preciso pedir cita previa) ou a través da sede electrónica. Este ano como novidade as listas de solicitudes admitidas publicaranse cun código e non con datos persoais. Por iso é importante gardar o número de rexistro xa que será o código identificativo que aparecerá nas listaxes (nº de rexistro/21). 

O 9 de xuño publicaranse as solicitudes presentadas. Se hai máis solicitudes ca prazas farase un sorteo público o venres 11 de xuño ás 12:00 horas na Casa do Concello e sacarase a listaxe definitiva de persoas admitidas nos campamentos o 16 de xuño. Dende ese momento ábrese o período para o pagamento, do 17 ao 30 de xuño. Unha vez feito o pagamento da cota hai que entregar o xustificante nas oficinas de Deportes ou enviando por correo a deportes@teo.gal. Se non se formaliza o pago en prazo enténdese que a persoa renuncia á praza e chamaríase á listaxe de agarda se existe. 

Xa no mes de xullo, o luns día 5, ás 20:30 horas farase unha reunión informativa coas familias no Auditorio Municipal Constante Liste sobre o funcioanmento da actividade. Se precisas máis información sobre os campamentos de verán podes escribir a deportes@teo.gal ou chamar 881974802. 

 

Diverteo

A inscrición para os Diverteos de verán tamén está aberta dende o 10 de maio. Este servizo de conciliación para nenos/as escolarizados/as en Teo de 3 a 12 anos funciona nos períodos de vacacións escolares en horario de mañá e faise nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa agás en agosto que só se fai na Ramallosa. O horario é de 07:00 a 14:00 horas sen xantar e ata as 15:30 horas coa comida. 

O Diverteo de xuño faise do 23 ao 30 de xuño e a inscrición remata o 28 de maio. A listaxe provisional sairá o 1 de xuño e ata o 10 pódese facer o pagamento. 

O Diverteo de xullo farase en dúas quincenas para ter máis flexibilidade á hora de solicitalo e a inscrición remata o 7 de xuño. A listaxe provisional publícase o 9 de xuño e o pagamento pódese facer ata o 18 de xuño. 

O Diverteo de agosto, tamén dividido en dúas quincenas, pódese solicitar ata o 2 de xullo. A listaxe provisional farase pública o 5 de xullo e o prazo de pagamento será ata o 16 de xullo. 

O prezo do Diverteo é de 9 euros/día o servizo completo (co almorzo e a comida) mentras que só a atención educativa son 5 euros. Os programas páganse completos, no por días soltos. 

Para anotarse no Diverteo hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede electrónica. Xunto coa ficha de inscrición hai que entregar a declaración covid, que podes descargar premendo aquí, asinada. Se precisas máis información sobre este programa podes chamar aos seguintes números: 981.815.700//981.938.475 e preguntar polo CIM.

Campamentos rurais para mocidade 

Mocidade presenta este mes de xullo varios campamentos rurais con diferentes temáticas e que durarán unha semana. Trátase dunha alternativa de ocio pensada para a rapazada nada entre o ano 2010 e o 2004 empadroados en Teo para os que se buscaron temáticas coma o ecoloxismo, as artes escénicas ou outras actividades con máis movemento coma o parkour. 

A primeira semana, do 5 ao 9 de xullo, na aula da Casa Común de Oza, traballaranse varias sesións da escola ecoloxista. Durante esta semana realizaranse rutas de senderismo por diferentes lugares do Concello, traballaranse distintas estratexias de supervivencia (orientación, pequenas construccións na natureza...) e abordaranse distintas temáticas relacionadas coa mellora do medio ambiente e a nosa capacidade para transformalo.

A segunda semana, do 12 ao 16, farase Parkour no parque municipal da Igrexa, en Calo. Serán cinco días para iniciarse nos xogos e dinámicas propias do Parkour ademais de algún que outro obradoiro como pintada de camisetas. Con material especializado o único que terás que traer é roupa cómoda.

A terceira semana, do 19 ao 23, farase teatro na Casa Común de Rarís. Se che gusta o drama... este é o teu lugar. Trátase dun obradoiro de iniciación ao teatro traballando a improvisación, a toma de confianza, dinámicas de grupo e ata se lanzarán a representar algo. 

A cuarta semana, do 26 ao 30, farase circo. O lugar está aínda por determinar. Serán días de aéreos, acrobacias, saltos, malabares, equilibrios, clown e diversión! 

O horario previsto destes campamentos é de 12 a 16 horas, con parada dunha hora aproximadamente para comer. As persoas participantes deben traer a comida e bebida da casa (así como os útiles necesarios para comela). A cota de cada obradoiro será de 20 euros por actividade e pódeste anotar nun só ou en varios. 

As inscricións faranse do 7 ao 17 de xuño entregando unha ficha de inscrición no rexistro xeral ou a través da sede electrónica. No caso de haber máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo o día 21 de xuño e publicarase a listaxe definitiva o día 25 de xuño facendo o pagamento do 28 de xuño ao 2 de xullo. Dende Mocidade destacan que é posible solicitar transporte para asistir á actividade pero é requisito indispensable indicalo na ficha de inscrición para a correcta xestión do bus/taxi.

Escolas deportivas en xullo

Pola súa banda Deportes traballa na recuperación das clases das escolas deportivas municipais para o mes de xullo. A pandemia do covid 19 tivo un importante impacto na actividade deportiva, e en especial nas escolas deportivas municipais, que levan dous anos seguidos sen poder completar a súa actividade. "O cambio de tendencia nas limitacións sanitarias e a posibilidade de practicar exercicio físico prioritariamente no exterior, anímannos a propoñer unha edición extraordinaria das escolas de verán, no mes de xullo" indica o concelleiro Ignacio Iglesias.

A programación completa (con horarios e lugares) desta actividade publicarase o 2 de xuño na web e nestas actividades terán prioridade as persoas que xa estaban inscritas durante o curso. As prazas vacantes poderán ser ocupadas por persoas non inscritas durante o curso, que se poderán anotar dende o mércores 2 de xuño.

O prezo será o que se aplica para as actividade deportivas, 20€, coas bonificacións previstas para distintas situacións económicas e familiares.

Actividades programadas serán judo, taekwondo , kicboxing, taichi, defensa persoal, xadrez, atletismo, baloncesto, tenis, pádel, rugby, patín, hokey, tiro con arco, skate, natación nas piscinas exteriores, ximnasia, billar e aeróbic.

Trátase de poder facer un mes de xullo de recuperación deportiva e ofertar unha alternativa de ocio durante o verán, con máis tempo libre e máis horas de luz.