O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Concellaría de Cultura do Concello de Teo vén de entregar -o día 12 de maio na Biblioteca dos Tilos- os premios e agasallos ás persoas gañadoras do I Concurso de Marcapáxinas das Bibliotecas municipais.
Os gañadores nesta ocasión foron Abel Golán e Telmo Da Silva do CRA de Teo, e as gañadoras Daniela Saavedra e Sabela Mejuto do CEIP de Calo e Lía Abelleira Iglesias do CEIP da Ramallosa. O xurado premiou a orixinalidade e creatividade destes deseños, que agora se distribuirán nas bibliotecas do concello ao longo de todo o ano. Na xornada de entrega dos premios, o 12 de maio na Biblioteca dos Tilos, tamén se realizou a presentación oficial dos marcapáxinas que se repartirán ao longo do ano entre os usuarios e usuarias das bibliotecas municipais.
Nesta edición a participación foi moi elevada, tanto que a Concellaría de Cultura recibiu preto de 800 exemplares para concursar. Iso, sen dúbida, dificultou a decisión final do xurado neste certame escolar. Dende o Executivo agradecen a implicación dos centros escolares na difusión da actividade e na súa implicación coa entrega de cartulinas para facilitar a participación do seu alumnado. Ante a gran acollida da iniciativa por parte da comunidade escolar do concello, o proxecto repetirase nos vindeiros anos, coincidindo coa celebración do Día do Libro, o 23 de abril.