O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Seguridade, dirixido por Uxía Lemus, informa da limitación do tempo para aparcar no núcleo da Travesía da Casalonga que comeza a funcionar dende mañá, 1 de xuño. O espazo que queda con limitacións está xa pintado con liña amarela e tamén coa sinalización vertical indicando que o tempo máximo de parada pode ser de 30 minutos, en horario de 08:00 a 15:00 horas os días laborables, de luns a venres. A zona marcada está no tramo máis comercial da Travesía da Casalonga, quedando moito espazo para aparcar a continuación baixando dirección Padrón pola N-550. Segundo indica Lemus estas medidas está consencuadas cos comerciantes da zona.
Os/as comerciantes da Casalonga contarán con tarxetas para a veciñanza que necesita máis tempo para as xestións comerciais nestes locais, de xeito que se poidan colocar nos vehículos aparcados.
As persoas residentes e censadas nesta zona tamén poden solicitar unha tarxeta de residente e para facelo poden contactar con Urbanismo escribindo a urbanismo@teo.gal ou chamando ao 606.367.328. Neste caso daranse un máximo de dúas tarxetas por vivenda.