O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A concellaría de Deportes, dirixido por Ignacio Iglesias, acordou este ano recuperar durante o mes de agosto parte das actividades das escolas deportivas. Serán as mesmas disciplinas das escolas deportivas que se realizan durante o curso escolar e que este ano non puideron facerse con normalidade polas restricións sanitarias.
As actividades programadas son: judo, taekwondo , kicboxing, taichi, defensa persoal, xadrez, atletismo, baloncesto, tenis, pádel, rugby, patín, hokey, tiro con arco, skate, natación nas piscinas exteriores, ximnasia, billar e aeróbic.
Segundo explica Iglesias "trátase de recuperar parte da actividade perdida para non pasar tanto tempo sen facer deporte". Trátase de poder facer un mes de xullo de recuperación deportiva e ofertar unha alternativa de ocio durante o verán, nos días con máis tempo libre e máis horas de luz.
Inscrición: Realizarase do 2 ao 15 de xuño no Rexistro Xeral do Concello entregando a ficha de inscrición debidamente cuberta. Terán preferencia os/as empadroados/as no Concello e os participanes nas escolas deportivas do curso 2020/2021.
Listaxes: Pódense consultar as listaxes a partir do 21 de xuño en www.teo.gal ou no Departamento de Deportes. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 21).
Número de prazas: Estableceranse en función do protocolo e das normas sanitarias que estean en vigor no momento de comezar as actividades.
Pagamento de actividades e escolas deportiva: do 21 de xuño ao 2 de xullo. Débese entregar o resgardo no Departamento de Deportes ou envialo a deportes@teo.gal. O pagamento pódese realizar mediante un formulario de taxas directamente na oficina bancaria ou mediante transferencia bancaria.
Prezos: Un pago de 20 euros. Consultar bonificacións no BOP núm. 195, do 13/10/2011 e o BOP núm. 12, do 20/01/2020
Duración do curso: do 5 ao 31 de xullo. O Concello de Teo poderá realizar as modificacións, tanto nas actividades programadas coma nos horarios e instalacións, que estime oportunas por necesidades de programación do Concello. Cando se teñan que suspender as actividades de forma inmediata comunicarase a través do FACEBOOK Teo Deporte.
Máis información no Departamento de Deportes e premendo aquí
O Concello oferta tamén campamentos de verán en agosto en Oleiros e no mes de xullo actividades para mocidade que podes consultar aquí
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Folla inscrición DEPORTES veran 2021_adultos.pdf | 961.42 KB |
INFORMACIÓN XERAL ACTIVIDADES DEPORTIVAS VERÁN-21.pdf | 133.77 KB |
Folla inscrición DEPORTES veran 2021_infantis_0.pdf | 967.46 KB |