O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
No mes de xuño teremos unha nova sesión de autocine en Calo. Será o venres 25 ás 22:00 horas na explanada ao carón da Escola infantil e o filme que se pode ver é Ons. O autocine é unha actividade que comezou a programarse dende a Concellaría de Cultura o ano pasado, no verán da Covid-19 por consideralo unha actividade de cultura segura.
Para asistir á proxección hai que reservar a entrada e, segundo indican dende Cultura, ten prioridade a veciñanza empadroada nas parroquias onde se proxecta o fi lme. As entradas entregaranse por orde de apuntamento. A reserva pódese facer a través das comisións de festas, asociacións, ou colectivos de referencia a nivel parroquial, no caso de habelos, ou no correo-e autocinecultura@teo.gal, ou no teléfono 981 941 063 en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres, indicando o nome e apelidos, DNI, teléfono, aldea e parroquia, a matrícula do coche e o nome da película para a que se reserva. Non se poderá asistir sen anotarse previamente para a retirada da entrada e sen cumprir os requisitos.
Este verán temos novas sesións en xullo e agosto, coas películas Pokemon Detective Pikachu en Rarís, O rei León en Lampai e A familia Addams en Reis.