O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Convócase o pleno ordinario do mes de xuño

| compartir:

A corporación teense reúnese este mércores 30 de xuño en sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. Tamén se poderá ver por streaming a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión debateranse varias mocións sobre temas como a problemática da canteira da Casalonga, a nova tarifa eléctrica ou a promoción do acollemento familiar. 

Orde do día completa: 

  1. Aprobación da acta da sesión ordinaria de 26/05/2021. 
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da 493/21 á 737/21). 
  3. Dar conta do cumprimento do artigo 104 BIS da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  4. Ditame da moción do grupo municipal Son de Teo sobre medidas para a promoción do acollemento familiar e protección das familias acolledoras. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de modificación da ordenanza reguladora do prezo público da utilización dos servizos de conciliación da vida familiar e laboral. 
  6. Ditame da moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en defensa da canteira da Casalonga. 
  7. Ditame da moción do grupo municipal do BNG sobre a nova tarifa eléctrica. 
  8. Mocións. 
  9. Rogos e preguntas. 
Casa Concello