O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A Furia da Amanita

Data e hora

Localización
Auditorio Municipal
Como chegar

Prazas dispoñibles
142
Inscribirse

Prazas por persoa
4

A compañía Teatral Redrum volve a Teo coa obra A Furia da Amanita, obra que trata temas universais, contemporáneos e de actualidade como son a guerra e a nosa resposabilidade individual e colectiva con respecto a ela; as relacións parterno-filiais; os conflitos interxeracionais; os traumas da infancia; ou a nosa relación coa morte e a súa aceptación. Trátase dun fabuloso texto cheo de metáforas sobre a nosa relación co medio e a destrución que provoca o ser humano.

A Historia:

Despois dunha década vivindo no estranxeiro, Irene regresa á casa da súa infancia para atoparse cun pai recluído no silencio e a rutina. Entre diálogos fragmentados, recordos intermitentes e tensións ideolóxicas, ambos os dous intentan reconstruir un vínculo roto pola perda, a distancia e os reproches. A furia da Amanita é unha obra sobre o dó, o choque xeracional, a conciencia social e a imposibilidade de fuxir do pasado.

A furia da amanita aborda con honestidade e compromiso temas como a identidade, a culpa, a reparación e a esperanza.

Espectáculo para público adulto e con reserva previa de praza.

Inscribirse
a furia da amanita

Outros eventos por vir