O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
PUNTUACIÓNS ENTREVISTAS E LISTADOS DEFINITIVOS
Publícanse as seguintes listaxes:
Publicado en teo.gal o 29 de xullo de 2021.
LISTAS DEFINITIVAS E PROVISIONAIS DE SELECCIÓN DE PERSOAL DOCENTE E ALUMNADO
Publícanse as seguintes listaxes:
Publicado en teo.gal o 26 de xullo de 2021
Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal técnico e do alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro de Garantía Xuvenil do Concello de Teo.
Consulta aquí as bases completas.
O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego “EmprégateApp” que levará a cabo o Concello de Teo en colaboración cos concellos de Boqueixón e Vedra:
Seguindo a Base novena do Convenio de colaboración entre os concellos de Boqueixón, Teo e Vedra, para a solicitude conxunta dunha subvención ao abeiro dos programas de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a distribución do alumnado - traballador por concellos é a seguinte:
O importe total da subvención concedida é de trescentos sesenta e nove mil catrocentos noventa e dous euros con trinta e dous céntimos (369.492,32€) e estimase un coste de catrocentos dezasete mil setecentos corenta e dous euros con vinte céntimos (417.742,20€) para o desenvolvemento total do proxecto.
Selección do persoal
En cumprimento cos artigos 11 e 12 da Orde do 31 de decembro do 2020 (DOG núm. 21 de 02/02/2021) da Consellería de Emprego e Igualdade, o Concello de Teo presentará no Servizo Público de Emprego de Galicia, nos modelos normalizados para o efecto, as ofertas para a selección do persoal, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras a contratar conforme á anterior base terceira. O Servizo Público de Emprego de Galicia realizará unha sondaxe de demandantes de emprego en función das características das ofertas presentadas atendendo á maior adecuación aos postos de traballo ofertados e remitirá, ao departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Teo, unha listaxe coas persoas preseleccionadas para cada posto, para que desde as entidades promotoras se proceda a convocalas mediante contacto telefónico e a través do correo electrónico, onde recibirán copia das presentes bases. A data do envío das bases por correo electrónico determinará o inicio do prazo de presentación das solicitudes.
Publicado en teo.gal o 21 de xullo de 2021.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
definitiva alumnos traballadores.pdf | 317.08 KB |
definitiva docente especialidade.pdf | 252.47 KB |
definitiva iniciativas empresariais.pdf | 256.93 KB |
provisional dirección.pdf | 272.76 KB |
provisional titor complementaria.pdf | 294.19 KB |
Lista definitiva admitidas dirección OE taboleiro.pdf | 267.59 KB |
Lista definitiva titora complementaria taboleiro.pdf | 292.41 KB |
Resultado entrevista alumnado traballador.pdf | 317.1 KB |
Resultado entrevista docente especialidade.pdf | 237.69 KB |
Resultado entrevista titor iniciativas empresariais_0.pdf | 241.1 KB |