O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Convocatoria de selección do persoal técnico e alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego "EmprégateApp"

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

PUNTUACIÓNS ENTREVISTAS E LISTADOS DEFINITIVOS

Publícanse as seguintes listaxes:

Publicado en teo.gal o 29 de xullo de 2021.

LISTAS DEFINITIVAS E PROVISIONAIS DE SELECCIÓN DE PERSOAL DOCENTE E ALUMNADO

Publícanse as seguintes listaxes: 

Publicado en teo.gal o 26 de xullo de 2021

Publícanse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, de persoal técnico e do alumnado-traballador/a do obradoiro de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro de Garantía Xuvenil do Concello de Teo.

Consulta aquí as bases completas.

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, do seguinte persoal para a xestión e o desenvolvemento do obradoiro de emprego “EmprégateApp” que levará a cabo o Concello de Teo en colaboración cos concellos de Boqueixón e Vedra:

  • 1 director/a (xornada completa) (Anexo II)
  • 1 docente para impartir o certificado de profesionalidade de nivel 3 “Programación con linguaxes orientados a obxectos e bases de datos relacionais (IFCD0112)” (xornada completa) (Anexo III)
  • 1 titor de iniciativas empresariais e formación compensatoria (media xornada) (Anexo IV)
  • 1 titor de formación complementaria (media xornada) (Anexo V)
  • Dezaseis (16) alumnos/as-traballadores/as inscritos/as no ficheiro nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Anexo VI)

Seguindo a Base novena do Convenio de colaboración entre os concellos de Boqueixón, Teo e Vedra, para a solicitude conxunta dunha subvención ao abeiro dos programas de emprego dirixidos a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a distribución do alumnado - traballador por concellos é a seguinte:

  • Concello de Boqueixón: 4 alumnos/as
  • Concello de Teo: 8 alumnos/as
  • oConcello de Vedra: 4 alumnos/as

O importe total da subvención concedida é de trescentos sesenta e nove mil catrocentos noventa e dous euros con trinta e dous céntimos (369.492,32€) e estimase un coste de catrocentos dezasete mil setecentos corenta e dous euros con vinte céntimos (417.742,20€) para o desenvolvemento total do proxecto.

Selección do persoal

En cumprimento cos artigos 11 e 12 da Orde do 31 de decembro do 2020 (DOG núm. 21 de 02/02/2021) da Consellería de Emprego e Igualdade, o Concello de Teo presentará no Servizo Público de Emprego de Galicia, nos modelos normalizados para o efecto, as ofertas para a selección do persoal, facendo referencia aos requisitos e características que deben reunir as persoas traballadoras a contratar conforme á anterior base terceira. O Servizo Público de Emprego de Galicia realizará unha sondaxe de demandantes de emprego en función das características das ofertas presentadas atendendo á maior adecuación aos postos de traballo ofertados e remitirá, ao departamento de Desenvolvemento Local do Concello de Teo, unha listaxe coas persoas preseleccionadas para cada posto, para que desde as entidades promotoras se proceda a convocalas mediante contacto telefónico e a través do correo electrónico, onde recibirán copia das presentes bases. A data do envío das bases por correo electrónico determinará o inicio do prazo de presentación das solicitudes.

Publicado en teo.gal o 21 de xullo de 2021.