O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

RECOMENDACIÓNS SOBRE USO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ NAS REDES SOCIAIS INSTITUCIONAIS DO CONCELLO DE TEO

As redes sociais institucionais do Concello de Teo constitúen unha canle de comunicación pública destinada a:

     - Informar á cidadanía sobre servizos, actividades e actuacións municipais.
     - Fomentar a participación cidadá.
     - Promover a transparencia e a proximidade institucional.

O uso adecuado destas canles contribúe a reforzar a confianza na Administración e a mellorar a calidade democrática.