O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Benestar abreu o prazo para solicitar o Diverteo Setembro, que se realizará do 1 ao 8 de setembro, 6 días lectivos. Trátase dun programa de conciliación que se oferta nos períodos de vacacións escolares e que vai dirixido a crianzas escolarizadas nun CEIP ou CRA que teñan entre 3 e 12 anos, preferentemente empadroadas no concello de Teo. A actividade faise nos CEIPs de Calo, A Ramallosa e Os Tilos en horario de mañá, de 07:30 a 15:30 o servizo completo con comida e só ata as 14:00 horas sen xantar.
A inscrición está aberta do 26 de xullo ao 6 de setembro e para anotarse hai que entregar a ficha de inscrición e a documentación solicitada no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede electrónica. A documentación obrigatoria é a seguinte:
Tamén hai documentación adicional que se entragará segundo o caso da persoa solicitante:
A listaxe provisional publicarase o 10 de agosto na web municipal e no taboleiro do concello. As listaxes publicaranse cun código para preservar os datos persoas das crianzas. O número identificativo será o número de rexistro da solicitude. O pagamento realízase do 10 ao 20 de agosto, unha vez que se comprobe a asignación da praza coa publicación da lista provisional. A listaxe definitiva farase pública o 24 de agosto.
Podes descargar a ficha de inscrición premendo aquí
Se queres consultar toda a información sobre este programa, como prazos, prezos ou bonificacións preme aquí
Adjunto | Tamaño |
---|---|
FICHA INSCRICION DIVERTEO setembro.pdf | 83.79 KB |