O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Inscrición pechada
O vindeiro domingo, 25 de outubro, celebrarase a III edición do Día da Muller Rural en Teo, con motivo do Día Internacional da Muller Rural, que se celebra cada 15 de outubro.
A xornada desenvolverase en horario de mañá no centro cultural A Ponte Vella. Comezará ás 10.00 horas cun obradoiro sobre cómo preparar un botiquín natural de outono e, ás 12.30 horas, haberá un contacontos teatralizado para toda a familia. Ambas actividades terán prazas limitadas e o prazo de inscrición abrirase mañá, venres 16.
Ao igual que en edicións anteriores, durante toda a xornada haberá varios postos con información e cartelería da Asociación de Mulleres Rurais de Teo, da Asociación Teenses pola Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM) de Teo. Tamén haberá exposición de produtos artesáns da Asociación Cultural de Artesanía de Teo (ARTENEO).