O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A oferta de actividades culturais para o curso 2021-2022 xa está dispoñible para a súa consulta. O prazo de inscrición comezará o 6 de setembro e estenderase ata o vindeiro 17 do mesmo mes. O número de prazas para cada escola variará en función das normas sanitarias que estean en vigor no momento de comezar as actividades.
A programación das escolas será en varios locais municipais como o Auditorio, o pavillón de Calo, a Casa Común dos Tilos e as escolas de Ameneiro e Tras do Eixo.
Mantense a oferta de disciplinas como danza contemporánea, artes plásticas, guitarra e teatro para adultos. Como novidade preséntase Teatro de integración. Dende Cultura indican que este ano ábrese un novo obradoiro de teatro adicado á integración da neurodiversidade para todos e todas os menores de 10 a 14 anos. O xogo dramático ofrece múltiples posibilidades para que o alumnado acade un desenvolvemento íntegro e global e potencia ao máximo as súas habilidades sociais, cognitivas e emocionais. A práctica desta actividade favorece ademais para as persoas participantes, aspectos esenciais coma o desenvolvemento da memoria, a capacidade de improvisación e expresión, entre outras. Ao mesmo tempo, as escenificacións que se representen crearán unha aprendizaxe global tanto para participantes coma para espectadores, baseada no respeto, a tolerancia e o recoñecemento á diversidade.
Tamén teremos programación e deseño de videoxogos, robótica e intelixencia artifical e ofimática e mecanografía.
Programación das escolas culturais cos seus horarios
Descarga aquí a ficha de inscrición
A matrícula en cada escola completa terá un custo de 60 euros anuais e consta de tres trimestres, no caso de haber prazas libres nos seguintes trimestres abrirase un novo prazo de inscrición nos prazos que se indican na programación establecida. Así, o pagamento do curso completo debe realizarse do 24 de setembro ao 1 de outubro.
Escola de maxia infantil
Este ano ademais da oferta habitual dende Cultura presentan a Escola de maxia infantil impartida polo mago Romarís que se celebrará os luns dende o 4 de outubro ao 20 de decembro cun custe de 20 euros. A inscrición está aberta dende o 6 ao 17 de setembro coma o resto das escolas culturais. A ficha de inscrición para maxia podes descargala premendo aquí
Está dirixida a nenos/as de 8 a 12 anos e hai dez prazas por grupo.
Están previstos dous grupos:
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Folla inscrición actividades 21-22.pdf | 1017.77 KB |
Programa Escolas Culturais 21-22_1.jpg | 1.88 MB |
Programa Escolas Culturais 21-22_2.jpg | 1.78 MB |
escolamaxia_info.jpg | 918.05 KB |
Folla inscrición MAXIA.jpg | 918.05 KB |