O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O CIM programa unha actividade con cans para o fomento da autoestima nas mulleres

| compartir:

O Centro de Información á Muller (CIM) programa para este mes de setembro un taller asistido con cans para o fomento da autoestima nas mulleres do Concello de Teo. Unha iniciativa novidosa que dentro dos obxectivos que pretende acadar están o de promover o respecto, coidado e manexo dos animais, así como fomentar a autoestima e o apoderamento das mulleres.

O prazo para anotarte neste obradoiro está aberto e a inscrición é imprescindible xa que o número de participantes é limitado. A inscrición realizarase por orde de chegada a través do teléfono 981 938 475 ou do correo cim@teo.gal.

O obradoiro impartirase na Casa Común de Rarís os martes e venres entre o 14 e o 28 de setembro e comezará ás 17:00 h, aínda que o horario vai a depender tamén do número de participantes. O obradoiro está impartido por profesionais da saúde e da educación canina.

cans