O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende o CIM de Teo poñemos en marcha unha serie de saídas culturais para mulleres co obxectivo de enriquecer e diversificar a oferta cultural local adaptada a este colectivo. Este programa de visitas créase co fin de ampliar e adaptar a axenda cultural aos intereses e necesidades das mulleres do noso Concello.
O 7 de novembro teremos a primeira das saídas que terá como obxectivo a visita á exposición "Os traxes dunha vida", que actualmente está no Pazo da Cultura de Pontevedra. Os "Traxes dunha Vida* ofrece unha viaxe pola memoria etnográfica de Galicia, a través das pezas de vestir que acompañaron a vida de dúas mulleres galegas de distinta posición social entre finais do século XIX e principios do XX. A exposición, presentada pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas, percorre dúas traxectorias vitais ben diferenciadas: a dunha muller nada nunha aldea de montaña e a doutra procedente dunha próspera vila costeira. A mostra conta con 100 maniquís e máis de 1.000 pezas —xa sexan orixinais ou reproducións baseadas en modelos da época— para ilustrar a vida cotiá, os rituais, o traballo, as celebracións e a indumentaria dunha Galicia que desapareceu, mais que permanece viva na memoria colectiva. A la e o liño serven como fío condutor nesta exploración da historia social e cultural de Galicia.
Sairemos do Auditorio Constante Liste ás 09:00 da mañá para comezar a visita guiada ás 10:00h. A visita terá unha duración aproximada de 2 horas, despois das cales teremos tempo para visitar a boa vila de Pontevedra. A chegada a Teo está prevista para as 15:00h aproximadamente. O prazo de inscrición para esta actividade abrirá o vindeiro luns 26 de outubro.