O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Cultura programa un curso de maxia que se vai realizar dende o 4 de outubro ao 20 de decembro os luns. Trátase dunha actividade novidosa que se une ás escolas culturais que se realizan en formato anual. Neste caso a cativada de 8 a 12 anos poderá entrar no mundo da maxia da man do Mago Romarís.
Ofértanse prazas para dous grupos, un na Casa Común dos Tilos de 16:30 a 18:00 horas e outro no Auditorio Constante Liste de 18:30 a 20:00 horas. A inscrición está aberta ata o día 17 e hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro do Concello, de xeito presencial ou a través da Sede electrónica. Terán preferencia as persoas empadroadas en Teo.
Dende o 23 de setembro poderase consultar a listaxe de admitidas e a continuación proceder ao pago do curso que ten un custe de 20 euros.
Cultura tamén ten aberta a inscrición no resto das escolas culturais ata o 17 de setembro. Este ano pódeste anotar en Teatro, tanto persoas adultas como nenos/as de 10 a 14 anos en Teatro de integracióin; en danza contemporánea, artes plásticas, guitarra ou en actividades realacionadas coa informática: programación de videoxogos, robótica e intelixencia artificial ou ofimática e mecanografía.
Podes consultar aquí toda a información sobre a oferta das escolas culturais municipais