O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo, mediante unha resolución da Concelleria Delegada de Urbanismo, vén de remitirlle a Toysal o cese de actividade e reposición da legalidade. Podes consultar aquí o documento completo. O que se lle comunica á empresa é a disposición do "cese inmediato da actividade de apertura dunha canteira, planta de trituración e ensilado, situada na Casalonga, sen o correspondente título habilitante". Así mesmo incoase expediente de reposición da legalidade urbanística concedendo un prazo de quince días ao interesado para que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estime oportunos.
A explotación da canteira Casalonga 6996 conta cunhya licenza do ano 1978 para a instalación dunha canteira, planta de trituración, clasificación e ensilado, e planta de formigón que debía cumprir cunha serie de condicionantes establecidos no seu día pola Comisión Provincial de Servicios Técnicos ao considerarse unha actividade "molesta, insalubre e perigosa". As inspeccións técnicas realizadas este verán amosan que non se están cumprindo estas condicións necesarias para o mantemento da citada licenza de actividade.
Á vista desto resólvese o cese de actividade e expediente de reposición da legalidade.