O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

EMBELECEMENTO DO CABALO PARA COMPETICIÓN

Data e hora

Localización
Carballeira de Francos, Rúa de Francos Calo
Como chegar

Obradoiro familiar 

Como se prepara un cabalo para saír á pista? Detrás dunha crin perfectamente trenzada hai coidados, paciencia e moito oficio.

Sandra Soneira amosaranos, paso a paso e cun cabalo en directo, como se realiza a limpeza e se prepara a súa presentación para unha competición. Veremos como se trenzan a crin e a cola, que aceites e produtos cosméticos se empregan e como se rematan os detalles para que o animal luza ante o público e o xurado.

Esta é unha das propostas da Feiriña para que nenas e nenos se acheguen ao mundo cabalar, coñezan os coidados que precisan estes animais e descubran como se preparan para unha exhibición ou un concurso morfolóxico.

Achégate á carballeira e queda a mirar como o cabalo se prepara para ser o rei ou a raíña da feira!

Domingo 8 de novembro, ás 13.30 h.
Carballeira de Francos.
Actividade aberta ao público familiar, sen inscrición previa.

ecpc

Outros eventos por vir