O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

XOGOS E OBRADOIROS EN FAMILIA

Data e hora

Localización
Praza Cultural do San Martiño
Como chegar

Domingo 8 de novembro, de 11.30 a 15.00 h
Carballeira de Francos

Unha mañá de Feiriña para pasear en poni, facer galletas e descubrir xogos construídos con materiais de refugallo. As propostas desenvólvense ao mesmo tempo, dentro da carpa e no exterior, para que cada familia poida ir escollendo en cal participar.

Dentro da carpa

• Obradoiro de repostería «Martiño Cabaliño»: nenas e nenos elaborarán as súas propias galletas.

• Obradoiro de chaveiros «Martiño Cabaliño»: faremos un pequeno recordo da feira para levar á casa. 

No exterior

• Bautismo hípico e achegamento ao cabalo: paseos en poni e unha estación de cepillado para coñecer de preto estes animais e aprender algúns dos seus coidados.

• «Os Outros Garabatos: Imos xogar»

• Xogos elaborados con materiais de refugallo para experimentar e probar a habilidade en familia.

Todas as actividades son gratuítas e non precisan inscrición previa. Podedes achegarvos en calquera momento entre as 11.30 e as 15.00 h e participar segundo haxa dispoñibilidade, sen necesidade de chegar á hora de inicio.

xeoef

Outros eventos por vir