O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

VIAXE SENSORIAL A TRAVÉS DOS QUEIXOS GALEGOS CON DOP

Data e hora

Localización
Praza Cultural do San Martiño
Como chegar

Prazas dispoñibles
26
Inscribirse

Prazas por persoa
2

Que cambia nun queixo cando o probamos acompañado doutro alimento? Salomé Beiroa guiaranos nunha cata para descubrir os aromas, as texturas e os sabores dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida e explorar distintas combinacións.

Este ano, os queixos compartirán mesa con produtos de a! Artesanía Alimentaria e con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) galega. Cada combinación será unha ocasión para apreciar novos matices e coñecer mellor os alimentos que se elaboran en Galicia.

Entre explicacións e degustacións, achegarémonos ás características dos queixos, aos seus procesos de elaboración e ao traballo das persoas que os producen. Unha proposta para quen goza do queixo e ten curiosidade por aprender a saborealo doutra maneira, sen necesidade de coñecementos previos.

https://www.salomebeiroaeventos.com/

Mércores 11 de novembro, de 10.30 a 12.30 h.
Praza Cultural do San Martiño · Carballeira de Francos.

Inscribirse
vsqg

Outros eventos por vir