O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Cultura programa o Festeo deste ano cun concerto das Tanxugueiras o venres 1 de outubro na explanada da Escola infantil de Calo ás 21:00 horas.
O concerto é de balde pero para asistir hai que reservar entrada escribindo a entradasconcerto@teo.gal ou a través das asociacións do Concello.
As Tanxugueiras son cantareiras dunha nova década, como elas se definen na súa web. A formación está formada polas voces de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, convertíndose nas máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega.
Co seu primeiro álbum homónimo, publicado en 2018, o trío inicia unha traxectoria que as leva a visitar, en só 3 anos, máis de 100 escenarios de todo o planeta acompañadas polas súas pandeiretas. No 2019 chega Contrapunto, un disco que incrementa as revolucións da música galega coa reinterpretación de coplas tradicionais, ateigadas de arranxos e harmonías diversas.
Neste 2021, as Tanxugueiras presentan o seu último single, Midas, con influencias de sons próximos ao trap ou á electrónica, nunha aposta que de seguro as levará por escenarios de todo o mundo. Este venres estarán preto da casa, en Teo, nun concerto no que se poderá escoitar o seu último traballo.