O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A entidade pública Augas de Galicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, está a executar actuacións de conservación e mantemento fluvial nos ríos Piñeiro e Santa Lucía. O obxectivo é mellorar estes leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
En concreto, as tarefas, desenvólvense, por unha parte, no río Piñeiro, ao paso polos lugares de Piñeiro, Freiría e Ribeira, nas parroquias de Reis e Rarís. Neste río actúase nun treito cunha lonxitude de 1,5 quilómetros. Por outra parte, tamén se efectúan labores no río Santa Lucía, no seu transcurso polos lugares de Oliveira e Pontevea, na parroquia de Reis. Neste caso, os traballos lévanse a cabo en 3,2 quilómetros. En total, en ambos ríos, a Xunta está a actuar en 4,7 quilómetros.
Os traballos, que se prolongarán ao longo de oito semanas, realizaranse coa aplicación de motoserras, rozadoiras, podadeiras e outras ferramentas manuais, que contarán co apoio de maquinaria de maiores dimensións como un tractor e unha minidumper. As tarefas consistirán na retira de árbores caídas e biomasa nas canles, así como na roza puntual de acceso aos ríos.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída na canle.