O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta mañá, na reunión do grupo de goberno de Teo, o Alcalde, Rafael Sisto, comunicou aos concelleiros/as socialistas que cesaban nas súas responsabilidades de goberno. A concelleira Iria Otero asumirá provisionalmente as áreas de Administración e Infraestruturas, Ignacio Iglesias farase cargo de Servizos Básicos e María López xestionará as áreas de Cultura e Educación.
Deste xeito o novo organigrama de goberno queda do seguinte xeito:
Iria Otero Romero, concelleira delegada de Infraestruturas, Administración, Lingua e Mocidade.
Xosé Ignacio Iglesias Villar, concelleiro delegado de Benestar, Persoal, Deportes, Participación veciñal e Servizos Básicos.
María López Álvarez, concelleira delegada de Educación, Cultura, Igualdade, Mobilidade, Comercio, Turismo e Emprego.
O resto das áreas son asumidas directamente pola Alcaldía