O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A Policía Local e Protección Civil interveñen nun intento de suicidio

| compartir:

A Policía Local de Teo e persoal de Protección Civil interviron nun intento de suicido a pasada fin de semana, cando unha moza tentou acabar coa súa vida. Afortunadamente a presenza das forzas de seguridade e a atención do persoal sanitario impediron un fatal desenlace. 

O 112 deu aviso ao persoal municipal informando de que unha rapaza lle enviara unha mensaxe á súa nai dicíndolle que se quería suicidar e que estaba nun monte sen precisar ubicación. Tras realizar xestións con persoas próximas persoal da Policía Local e de Protección Civil localizan a rapaza nun monte cercano á vivenda e convéncena para voltar con seus pais. Xa na casa, foi atendida por unha dotación médica do 061 quen informa da necesidade do traslado a un centro hospitalario para ser tratada.

No momento no que foi informada desto a moza fai un intento de tirarse por unha ventá que se evita grazas á intervención da Policía Local e de Protección Civil. Finalmente foi trasladada a un centro hospitalario. 

Dende o servizo da Policía Local teñen detectado un incremento de avisos nos últimos meses relacionados con intentos de suicidios. Se algunha persoa precisa acompañamento a este respecto o Concello lembra que dispón dun Centro de Información á Muller cunha psicóloga (981938475) e en calquera dos servizos de seguridade ou benestar poderán atendelo nunha primeira intervención. 

 

policia