O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Abre o prazo para solicitar as bolsas de ensino e transporte

| compartir:

A Concellaría de Educación publica a convocatoria anual das bolsas de ensino e transporte para este curso escolar. O prazo de presentación de solicitudes comeza o martes 26 de outubro e remata o 24 de novembro. Podes consultar as bases completas premendo aquí

A bolsas están destinadas a axudar cos gastos de material escolar, instrumentos solicitados polos centros, libro de texto e contidos dixitais. Búscase "apoiar o ensino público e colaborar con aquelas familias que teñen máis dificultades" explica a concelleira María López. O orzamento que se destina a esa convocatoria é de 35.000 euros.

Cuantías

As axudas cubren dende a educación infantil ata a universitaria. As cuantías que se poden solicitar para ensino en cada ciclo son as seguintes:

  • Educación infantil: 100 euros.
  • 1º a 6º de primaria, 1º, 2º, 3º, 4º da ESO, PCPI ou outras modalidades da ESO: 100 euros.
  • Alumnado con necesidades educativas especiais: 150 euros.
  • Bacharelato ou FP: 150 euros.
  • Universidades, ensinanzas artísticas superiores: 200 euros.

En canto á bolsa de transporte poden solicitala alumnado matriculado en centros fóra da área metropolitana de Santiago nunha cuantía de ata 200 euros.

Destinatarios/as

Para ser beneficiario destas axudas é preciso cursos estudos nalgún dos seguintes centros para os que se solicita a axuda:

  • Primaria e infantil: todos os centros públicos do Concello (CEIP A Ramallosa, Os Tilos, A Igrexa-Calo e CRA de Teo)
  • ESO: IES de Cacheiras e Pontepedriña e alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de ESO que non exista nos centros anteriores.
  • FP ou PCPI: calquera centro público.
  • Bacharelato: IES de Cacheiras, IES de Pontepedriña e o alumnado que curse noutro IES algunha modalidade de Bacharelato que non exista nos centros anteriores.
  • Universitarios: calquera universidade galega.
  • Ensinanzas de réxime especial-ensinanzas artísticas superiores: Calquera centro galego.
  • O alumnado cuxas necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un Centro de ensino de Educación Especial, aínda que non estea localizado no Concello.

As rendas per cápita superiores a 7.500€ non terán dereito a axuda de ensino, nin de transporte.

As solicitudes xunto coa documentación requerida para pedir as bolsas deben entregarse por rexistro no prazo habilitado, ata o 24 de novembro, ben por Sede electrónica ou nun rexistro físico. 

Podes consultar a información completa sobre a convocatoria e os anexos para presentar a solicitude premendo aquí

material escolar

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
axudasensinotransporte_2122.pdf 128.52 KB